top of page

 Capela de Cobas

A capela de Cobas forma parte da propia estrutura da Casa Grande de Cobas, co cal a apariencia externa non é de capela, senón que se atopa construida no interior da casa. O único símbolo que pode denotar a existencia da capela no exterior é a cruz arredor da porta. É a única do concello que ten “poleiro”, ó que se sobe por unha vetusta escaleira de madeira. Neste “poleiro” hai unha porta que leva á habitación principal da Casa Grande de Cobas , a coñecida como “habitación da capilla”. Está adicada ó Sagrado Corazón.

Xeolocalización

bottom of page