top of page

 Capela de Espaílde

Capela privada propiedade da casa de Amorín, no lugar de Espaílde, na parroquia de Santiago de Esperante. Presenta unha particularidade respecto a outras capelas privadas, e é que é independente da propia casa matriz, é dicir, non está unida á casa, non comparte nin parede nin tellado con ela, senón que está soa a uns cantos metros. Atopábase en mal estado hai uns anos, pero restaurouse con gran éxito recentemente. Non se ofician misas nela desde hai tempo, pero si conserva un retablo moi aprezado, segundo me comentaron varios veciños deste lugar.

Xeolocalización

bottom of page