top of page

 Capela de Perrelos

Esta capela é parte da propiedade do pazo de Perrelos, na parroquia de Santa María de Castelo. Foi construida como parte integrante da estructura do propio pazo. É chamativo o seu tellado a catro augas, diferente a de tódalas outras capelas do concello, seguramente co fin de manter a harmonía arquitectónica co resto do pazo. É a única do concello que ten unha forma cadrada e non rectangular. Foi ergueita na honra da Santa Lucía. Non hai misas nela xa desde hai tempo, porque os donos do pazo non viven nel.

Xeolocalización

bottom of page