top of page

 Capela de Vilar

Esta capela atópase no lugar de Vilar, parroquia de Santiago de Esperante. Pertencía e pertence á propiedade dos donos do pazo de Vilar, hoxe en ruínas. É unha capela privada á que os veciños non teñen acceso desde hai xa bastante tempo. Está descoidada e cuberta de hedras debido o desinterese existente polo pazo de Vilar e toda a súa propiedade, aínda que a súa estructura semella estar en bo estado. É significativo o seu tamaño, moito maior que outras capelas da contorna, e incluso maior que algunha igrexa, sinal inequívoco do poder que algún día atesourou o Pazo de Vilar.

Xeolocalización

bottom of page