top of page

Casa Grande de Buín

En Buín, na parroquia de San Xián de Campo, consérvase un pazo, a Casagrande de Buin, hoxendía habitada, e máis unha capela, que poden datar dos séculos XVI ou XVII. A fachada oeste desta Casagrande de Buin é a máis rica, mentres que enriba da porta principal atópanse os dous escudos da casa: un coas armas dos Ulloa, Taboada, Fernández e a letra M dos Montenegro, mentres que o outro escudo é o dos Gaitás e Ayalas. Ó lado mesmo destes dous escudos hai outros dous nos que ademais dos anteriores emblemas, aparecen citados tamén os dos Prado, Rivadeneira e Somoza.Mantén a primitiva cociña con cheminea de campá, e enriba do tellado consérvase un turrión.

Xeolocalización

bottom of page