top of page

 Capela de Vilar de Cabalos

Esta pequenísima capela, na honra de San Fernando, está no medio do lugar de Vilar de Cabalos, parroquia homónima. Foi restaurada no 1997 mediante unha aportación realizada por toda a veciñanza. Só hai misa o día propio de San Fernando. É chamativo o seu tamaño, xa que só caben, e apretadas, sete ou oito persoas. Ten diante unha praciña que serve de punto de reunión dos veciños e veciñas.

Xeolocalización

bottom of page