top of page

 Capela de Buín

Capela privada da Casa Grande de Buín, na parroquia de San Xián de Campo. É na honra do San Mauro, e cabe destacar o seu tamaño, xa que é máis grande ca varias das igrexas principais dalgunhas parroquias do concello de Taboada, como por exemplo a de Vilameñe. É do século XVIII, e conserva un retablo barroco. Só hai misas o día propio do San Mauro, no que se xunta toda a veciñanza do lugar de Buín para festexar o santoral.

Xeolocalización

bottom of page