top of page

 Capela da Santa Marta

Esta capela, no lugar de Santa Marta, parroquia de Santa María de Castelo, foi anegada polas augas trala chegada do encoro de Belesar, no ano 1963. Pertencía á Casa Grande de Buín (parroquia de San Xián de Campo). Queda ó descuberto case que tódolos veráns, pero nun illote; soamente no verán do 2011, coas obras na presa se puido chegar ata ela a pé. Era na honra, lóxicamente, da Santa Marta, e fíxose unha festa campestre nela o día 29 de xullo de 2011, o seu día propio. Uns meses despois, en outubro ou novembro, vimos como a subida do nivel da auga a volvía engulir por sabe deus canto tempo. Tódalas persoas que acudimos a aquel xantar-cea campestre agardamos poder volvelo facer algún día, aínda a sabendas de que é difícil que se produza.

Xeolocalización

bottom of page