top of page

 Capela de Deilás

É esta a xoia das capelas taboadenses. Foi levantada na honra da Virxe dos Remedios. Atópase no irado lugar de Deilás, parroquia de San Pedro de Bembibre, a escasos 500 metros monte a través da Igrexa principal. Sitúase na cima dun outeiro, no punto máis alto do lugar, a modo de vixía de toda a aldea. Hai un novenario previo ao 8 de setembro, que é o día grande, no que ademais se realizaba, en tempos, unha comida campestre no outeiro da capela con moita afluencia de xente. Esta capela, a pesar das súas reducidas dimensións, é unha das máis visitadas debido á devoción que se lle profesa á Virxe dos Remedios, e non só pola xente de Deilás ou da parroquia de San Pedro, senón que ao novenario acode xente de todo o concello.

Xeolocalización

bottom of page