top of page

É Taboada un concello eminentemente rural, labrego, gandeiro. De interior. De ribeira. De monte e de río. De pasto e de toxo. Agocha nas súas moitas aldeas, nos seus centos de camiños, nos seus milleiros de recunchos, prezados tesouros, testemuñas perennes doutros tempos. Case todas estas xoias teñen un elemento común que, ao mesmo tempo que as diferencia, tamén as une. A pedra. Cada vez que ollamos unha igrexa, un cruceiro, unha capela ou unha ponte, deberiamos pensar en como esas pedras chegaron ata aí, quen as labrou, quen as traballou, quen as carretou ribeira arriba ou val abaixo. Nesas pedras está recolleita a suor, e moitas veces o sangue, dos homes e das mulleres que poboaron estas terras e que forxaron a súa historia ó longo dos tempos. Terras que intentaremos que coñezades un pouco mellor a través desta páxina e, sobre todo, a través da pedra. Boa viaxe.

bottom of page